Pío XII Fedesa, 43 - Compañía de María, 52 (1ª Autonómica - 9ª jornada de Liga)

  • Publicado por Baloncesto Fedesa
  • en lunes, febrero 17, 2014 -
  • 0 comentarios
Non puido ser, o equipo senior do Pío non puido encadear a segunda victoria consecutiva, fito que se lle leva escapando dous anos.

O certo é que todo escomenzaba ben. O rival, o Compañía de María de Vigo adestrado pola exinternacional Ángeles Liboreiro, viña algo relaxado e os nosos diaños vermellos conseguiron imporse no marcador polo dominio do rebote e o acerto de Cris, Irene e Iria.

O equipo visitante ía espertandono segundo cuarto pero o Pío semellaba manter a situación controlada, marchando ao descanso con cinco puntos de vantaxe.

Tralo descanso ambos equipos sairon "a cara perro". A defensa de Pío escomenzaba a frouxear no rebote e, se ben defendía correctamente, non puido parar a Paula Ahuja, que fixo tódolos puntos do seu equipo neste cuarto. As vermellas saían vivas deste cuarto marcado polo seu desacerto ofensivo, mandando por dous puntos no electrónico.

No derradeiro cuarto, María Fernández de Compañía sumou oito puntos aos seis de Paula Ahuja, abrindo unha brecha no marcador que xa foi mentalmente definitiva pois as picheleiras escomenzaron a encadear erros, adiando calqueira conato de remontada.

Tras trinta e sete minutos ganando, Pío perdeu o derradeiro partido da primeira volta.




Pío XII Fedesa, 43 (20+11+4+8): Iria Viaño (8), Cristina Campo (16), Natalia López (1), Carmen Fernández (2), Xiana Raposo (2) -cinco inicial-, Marta Canedo (1), Julia López (2), María Gil (2) e Irene Botana (9).
Adestrado por Txichón Soares e Irma Landeira.

Compañía de María Vigo, 52 (15+12+6+19): María Fernández (13), Paula Ahúja (22), Villalobos (0), A. de Coo (5), C. Fernández (2) -cinco inicial-, Arias (8), Rodríguez (0) y M. de Coo (2).
Adestrado por Ángeles Liboreiro.

Árbitros: Jacobo Ríal e David Seoane.

Marcador por cuartos: 20-15, 31-27 (descanso), 35-33 y 43-52 (Final).

Incidencias: Partido correspondiente a la 9ª jornada de Liga de la 1ª División Autonómica femenina disputado en el pabellón del colegio Pío XII de Santiago el 16 de febrero de 2014.





Jornada 9 (16-02-2014)
C. PIO XII FEDESA - COMPAÑÍA DE MARÍA43-52
LA SALLE - CALASANCIAS59-33
PORRIÑO BTO BASE GRUPO PESCANOVA - PLEXUS-CLUNY71-48(Día 15)
UNIVERSITARIO DE FERROL - UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE46-44


Clasificación
EquipoP.J.P.G.P.P.P.F.P.C.PTO.R.
1ARXIL MAFARI CAFE88061946516+8
2UNIVERSITARIO DE FERROL86239338714+1
3UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE85352742613-1
4PORRIÑO BTO BASE GRUPO PESCANOVA85352446813+1
5LA SALLE85344040613+3
6COMPAÑÍA DE MARÍA84443941512+1
7PLEXUS-CLUNY82641845510-2
8C. PIO XII FEDESA8173875269-1
9CALASANCIAS8083135128-8

Autor

FEDESA baloncesto -

-

0 comentarios :